vídeo explicativo mooncup!

vídeo explicativo mooncup!

este é o enlace:

http://youtu.be/k8M62lPiu7s

 

Inauguración biblioteca en A Raíña Verde!

Inauguración biblioteca en A Raíña Verde!

Un novo proxecto dentro de A Raíña Verde que soamente é posible coa vosa axuda, queremos xestionar unha pequena biblioteca!

con libros que traten sobre embarazo, parto e postparto, lactancia, crianza natural...

Se tes algún libro sobre estes temas que xa non queres, podes doalo ou deixalo en préstamo para que outras persoas o poidan ler.

¿Qué che parece, te apuntas a doar/prestar  ou a levar para ler?

Por agora o estreamos con " Qué se puede esperar cuando se está esperando"

por Heidi Murkoff, Arlene Eisenberg e Sandee HAthaway

Se estás interesado/a contacta connosco ou pásate por eiquí...

taller de portabebés mércores 26 de febreiro as 17:00

Falaremos sobre:

  • Os beneficios que aporta ao bebé e a porteador/a.
  • Modelos de portabebés ergonómicos.
  • Colocación e usos para as distintas idades.
  • Dúbidas e demostración práctica.

Se queres asistir porfavor contacta connosco para anotarte, temos un aforo limitado.

Actividade gratuita!

En A Raíña Verde estamos de rebaixas!

En A Raíña Verde estamos de rebaixas!

Rebaixas na roupa de algodón ecolóxico e comercio xusto de 0 a 8 anos!

  • Roupa respetuosa coa pel, o planeta, as persoas.
  • Roupa con calidade, amorosa ao tacto e duradeira.

Se queres disfrutar da calidade- prezo pásate!, quedan poucas prendas...

organizamos talleres de portabebés ergonómicos, cueiros de tela e asesoramos

Organizamos talleres de portabebés e de cueiros de tela!!

Informamos e asesoramos gratuitamente.

Se tes algunha dúbida de como colocar a túa crianza no portabebé, pásate pola tenda e te axudaremos.

Nos talleres de porteo:

  • Informamos dos beneficios que aporta ao bebé e a porteador/a.
  • Modelos de portabebés ergonómicos.
  • Colocación e usos para as distintas idades.

Nos talleres de cueiros de tela:

  • Información sobre os distintos modelos de cueiros de tela.
  • Coida a pel do bebé, moitas alerxias o pañal desaparecen.
  • Para o bolsillo!, afórrase moito e os pañais poden ser usados por outras nen@s.
  • Respeto ao medio ambiente, menos toneladas de lixo para o planeta...

Se queres asistir  ou queres que fagamos algún taller soamente tes que contactar connosco.

 

 

Voltamos a traballar coa marca "tinti":

Voltamos a traballar coa marca "tinti":

Diversión asegurada á hora do baño!

Para convertir o baño en momentos divertidos coa auga de cores
Tinti ofrece unha gama de productos de baño feitos con ingredientes naturais seleccionados de maneira cuidadosa.

  • O colorante usado provén de frores,follas, froitos ou raíces.
  • Non contén conservantes nin parabenos
  • Biodegradable
  • Libre de toda fragancia alérxena
  • Non deixa residuos e non mancha a pel, o pelo,a bañeira...


Os productos que ofrecemos en A Raíña Verde son:

  • festa no baño: 1 tinte azul,1 baño crepitante, 1 confeti.
  • colores para el baño: 1 tinte vermello, 1 tinte amarelo, 1 tinte azul.
  • baño mágico: 3 bolas de distinta cor que tiñen a auga e gardan unha sorpresa no seu interior.
  • barita máxica: abracadabra!, e a auga cambia de cor.
  • xabón de modelar: 3 pastillas de cores para crear e despois enxabonarte.
  • puzzle baño: Un divertido puzzle para construir no baño.

 

Podes botar un vistazo en:

http://www.youtube.com/watch?v=ygAX-oihuAY

 

"Racataplan", con tecidos ecolóxicos feito na Galiza

"Racataplan",  con tecidos ecolóxicos feito na Galiza

Presentamos unha nova marca de roupa chamada  "Racataplan".

Roupa saudable para nenos que se moven que podedes coñecer en "A Raíña Verde"

Deseñados e producidos no rural galego por mulleres que coidan o detalle en cada peza.
 
"Cremos que o mundo o cambian as pequenas cousas; buscamos a natureza nos nosos tecidos; producimos na nosa contorna; non queremos pesticidas nin mans escravas…"

 

Mercadillo nocturno o venres 13 decembro

Mercadillo nocturno o venres 13 decembro

O venres 13 de decembro celébrase a Noite Encantada na zona de Travesas.

Moitos comerciantes saimos a rúa ata as 24:00 e tamén abrimos o local ata esa hora.

Ven a visitarnos e coñecer agasallos diferentes, con calidade e bonitos!

Vémonos!!

en Nadal... nos unimos para ti

en Nadal... nos unimos para ti

"Good Godis" e "A Raíña Verde" xuntas para ofrecerte un 10% de desconto este nadal!

  • En Good Godis podes atopar golosinas con colorantes naturais e con menos sucre, con especialidades para diabéticos, celíacos e alérxicos.
  • En A Raíña Verde xoguetes de madeira educativos e didácticos, roupa nen@s de algodón ecolóxico e comercio xusto,panos e mochilas portabebés ergonómicas, roupa de lactancia...

Mercando en Good Godis ou en A Raíña Verde recibirás un cupón desconto do 10% que poderás canxear en Good Godis por compras superiores a 20€ e en A Raíña Verde por compras superiores a 30€

Premio cartas ao Apalpador

Premio cartas ao Apalpador

Quen é o Apalpador?

 O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos polas datas de Nadal.

Até os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as súas barriguiñas. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Se queres participar no premio das cartas ao Apalpador só tendes que enviar a vosa carta ao apartado 7070 da Coruña. Valorarán as máis inxeniosas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.

Haberá agasallos do apalpador na que colaboramos entre outros grupos "A Raíña Verde"

Ánimate a participar!

máis info:

http://www.apalpador.com

comprar

información

Boletín

Anótate para manterte informada das actividades, ofertas, novidades...