o xogo

xoguetesO xogo é a maneira máis natural e divertida que temos para entrar en contacto co mundo: aprender, descubrir, imaxinar, interactuar, valorar, estimar, cooperar... crecer e crear unha identidade.

Para xogar vale calquera cousa: caixas de cartón, as pinzas da roupa, as noces, a terra, as pedras., as plantas... os xoguetes son para divertirse e imaxinar, e non teñen xénero e si moitas cores tamén teñen texturas pero sobre todo os xogos e os xoguetes son a imaxinación...

A madeira é un dos materiais máis nobres da natureza... son duradeiros, teñen textura, olor e forman parte da nai Terra..

Co xogo se espertan os sentidos, por iso valoramos a calidade, a materia prima, os valores que trasmite e a seguridade.

 


 

As marcas coas que traballamos cumpren todas as normativas europeas de seguridade.

Moitas delas como Cause, Toys Pure e Goki aparte de protexer o medio ambiente e facendo reforestacións anuais, maniféstanse contra o traballo infantil e participan en proxectos solidarios coma creación de escolas. Unha destas marcas, Cause, ademais destina o 50% dos seus beneficios a este tipo de proxectos.

Temos a sorte de ter un proxecto moi interesante, Ekilikuá, surdido en navarra que editan xogos e material lúdico cunha forte carga social, abordando temáticas coma o papel da muller na historia, a integración, a convivencia, interculturalidade, novos modelos de familia e apostan por un proceso produtivo sostible coas persoas e o medio ambiente. Tanto as embalaxes coma as instrucións ou publicidade son 100% en papel reciclado.

Outras marcas como haba, son xoguetes fabricados pola empresa alemá Habermaass. O deseño dos seus xoguetes responden os seguintes criterios: valor lúdico, calidade, materias primas naturais, seguridade. Esta empresa foi a primeira empresa alemá en obter o "audit ecolóxico", responsabilizándose de continuar cos seus métodos ecolóxicos e de respecto o medio ambiente en todas as súas etapas de produción.

kathe kruse é unha empresa alemá con 100 anos de historia que produce xoguetes e complementos para dormitorios infantís. Os materiais téxtiles posúen o selo "oko-tex" de textís de confianza.

furnis é unha empresa austríaca adicada a fabricación de xoguetes de tela, principalmente títeres e xoguetes para bebés. A empresa garante que na produción tódolos traballadores son tratados xustas e que ningún neno está implicado na mesma.. Cumpren a normativa deseguridade, selo oko-tex de textís de confianza.

 


 

Se queremos mudar o mundo regala xoguetes duradeiros, naturais, de calidade, que non sexan bélicos, nin sexistas, imaxinativos que estimulen a creatividade e fomenten a imaxinación e coiden a nai Terra e os seus habitantes.

Criar, crear, crecer... un paso máis

Xornadas de información e apoio 2010-2011

Roupa de inverno

Chegou o fresquiño e  a roupa de abrigo á Raíña Verde:

Podedes atopar novos bodys, peleles, polainas, pantalóns, chaquetas... saquiños, tamén calzado quentiño

e temos descontos nalgunhas prendas! Coma senpre roupa confeccionada con algodón orgánico de alta calidade e producida e comercializada en condicions de comercio xusto. Ideais para as peles delicadas das crianzas da casa.


+ info dos productos en:

  • http://www.sense-organics.com
  • http://serendipity.dk


semana mundial do aleitamento materno, xornadas en Tomiño 6 e 7 outubro

A vindeira semán é a semana mundial do aleitamento materno, no concello de Tomiño durante o mércores 6 e xoves 7 de outubro faranse unha serie de actividades enredor o tema no Auditorio de Goián.

Vos adxuntamos o programa das xornadas, nas cales participaremos (a tenda manterá os horarios habituais).

Vémonos!

Programa:

  • Mércores 6 de outubro ás 17:00 h:
    • Mesa redonda: “A humanización do nacemento e da crianza":
      • Dificultades do aleitamento (Instauración da lactación materna)
      • A influencia da vivencia do parto na crianza
      • Doulas acompañando na maternidade
      • A importancia do apoio dos grupos de aleitamento
      • O papel do pai no bebé amamantado
      • Criar sen castigar  
    • Actuación de Nanas a cargo da Asociación de Mulleres Paso a Paso
    • Obradoiro Infantil de Xogos Cooperativo
  • Xoves 7 de outubro de 11:30 ás 12:30
    • Obradoiro de Portabebés Tradicionais (gratuíto)
  • Exposicións:
    • “Reflexións en torno á crianza”, Coa colaboración das nais de Tomiño
    • Presentación de produtos naturais de crianza, por “A Rainha Verde”,Tenda Infantil Ecolóxica

docu-charlas: a nosa saúde

Todolos xoves deste mes de setembro as 20:30 na A.C Caleidoskopio, A Cova dos Ratos.

Romil, 3 baixo, Vigo, entrada livre, organizado porla Rede de permacultura

No local hai xoguetes, unha chea de libros e seguramente máis nen@s coas que xogar!

haberá as seguintes proxeccións:

  • Xoves 2: parto natural
  • Xoves 9: os tránsgenicos na limentación.
  • Xoves 16: hiperactividade ou deficit de atención nos nenos
  • Xoves 23 e 30: ainda por confirmar

comprar

información

Boletín

Anótate para manterte informada das actividades, ofertas, novidades...