Saquitos térmicos animais

Saquitos térmicos animais

Os coxíns recheos de sementes son un vello remedio con múltiples aplicacións. O saquiño pódese enfriar ou quentar.

O calor aumenta o fluxo sanguineo, reduce a rixidez e ten un efecto relaxante. Ideal para os cólicos do lactante, para a saída máis fluída do leite das nais lactantes, dores menstruais, quentar os pés no inverno...

O frío ten un efecto analxésico e evita a inflamación. Moi eficaz para dor de moas, cabeza, baixar inflamacións... 

------------ 

INSTRUCIONS DE USO:

Quentar ( interior con recheo) 

- Microondas 400 Watios 1 ou 2 minutos

- Forno ata 100ºC  5 ou 10 minutos

- Sobre a calefacción ou estufa 

Non sobrepasar as temperaturas xa que pode provocar un incendio

Soamente quéntase o saquiño interior

Atención! O saquiño pode quentarse en exceso. Comprobar a temperatura da funda antes do seu uso! 

 

Enfriar 

Colocar a parte interior do saquiño nunha bolsa de prástico no conxelador entre 30 e 60 min. 

 

Mantemento 

A bolsa interior co recheo non se pode lavar. A humidade do recheo fai que o calor perdure para causar o efecto desexado.

Deixar un rato o saquiño co recheo o aire libre e gardala nun lugar seco.  

 

Lavado 

lavar soamente o saquiño exterior, nunca o saquiño das sementes.

------------ 

recheos naturais de osos de cereixa ou espelta, podense quentar ou enfriar para aliviar os cólicos, golpes, torceduras, moas e dentes, peitos conxestionados....

 

 

comprar

información

Boletín

Anótate para manterte informada das actividades, ofertas, novidades...