futones bebés e adultos

Dende A Raíña Verde traballamos con Shiki Futón ofrecendo un sistema de descanso máis saudable, natural e versátil.

Para maiores e pequenos!


O futón é o colchón máis versátil, lixeiro, enrollable e saudable, composto de materiais 100% naturais e traspirables.

O futón de algodón ofrece un sistema de descanso inspirado no colchón artesanal xaponés, o máis parecido aos futóns tradicionais. O recheo é 100% natural e ofrece diferentes grosores e medidas.
Confeccionado a man con capas de algodón puro superpostas  e fixadas cun sistema de cosido que evita que o algodón se desprace. O algodón disminúe o risco de alerxias ademáis de  posuir propiedades térmicas e non acumular electricidade estática.
É cómodo,ríxido e doado de dobrar se é necesario, despexando así unha habitación.
Outra opción é a incorporación do latex aportando elasticidade e estabilidade.

Dispoñible tamén almofadas, edredóns, fundas de protección, colchonetas, hamacas.

    Distintas composicións para elexir a que mellor se adapte as túas necesidades


Materiais:

    algodón, o futon tradicional

Dous tipos de algodón, o clásico e o standar. Con gran capacidade de absorción e dilatación o algodón é térmico e posúe propiedades reguladoras que producen unha agradable sensación que se prolonga todas as noites en calquera estación do ano.

CLÁSICO, un algodón pouco habitual

De fibra máis longa, absolutamente limpo, extremamente esponxoso, este algodón é soamente peinado para ser transformado en finos velos que superpostos compoñen unha manta. Con una redoblada capacidade de recuperación responde a esixencia de aquelas persoas que prefiren unha sensación más esponsoxa que o tradicional standard.

STANDARD, dormir en firme   

Algodón de fibra corta e de calidade robusta. O algodón pasa un proceso de punzonado polo cal súas fibras son entrelazadas formando una malla que fai de él unha manta moito máis compacta. Tanto o algodón clásico como o standard ofrecen excelentes características térmicas, de permeabilidade ao aire e moi boa adaptabilidade ao corpo.

LÁTEX, un material valioso

Un alto grado de elasticidad que conleva unha duradeira estabilidade. Un soporte idóneo que se adapta perfectamente ao corpo. O seuu medio non apto para o crecemento de microorganismos elimina toxinas promovendo unha adecuada hixiene da cama. Misturase o latex en distintos grosores según a elasticidade desexada.

 

  • As medidas son :
  • camas:

 90x120- 120x200 - 140x200 - 150x200 - 160x200 - 180x200

  • cunas:

60x120x8-  70x140x10   - 70x140x12

  • posibilidade de adaptar a confección a unha medida concreta
  • con distintas alturas de 6, 10 ou 12 cm
  • prezos: varía segundo as medidas, materiais e altura. Porfavor consultade na tenda, teléfono ou mail.

 

entradas relacionadas

Futones Shiki na Raiña
Dende A Raíña Verde traballamos con Shiki Futon ofrecendo un sistema de descanso máis saudable, natural e versátil. Shiki futon comeza en 1992 ofrecendo productos para crear un lugar de descanso máis saudable, san e versátil. Dispoñen de futóns elaborados en distintos tipos de algodón, segundo a...

comprar

información

Boletín

Anótate para manterte informada das actividades, ofertas, novidades...