Xoguetes... xogamos!

Xoguetes... xogamos!

Os xoguetes son ferramentas que usamos para descubrir texturas,‭ ‬formas,‭ ‬cores,‭ ‬movementos.Con eles aprendemos,‭ ‬coñecemos,‭ ‬nos relacionamos... e a diversión que non falte‭!

Un bó xoguete ten que tamén deixar cabida a imaxinación e estar feito dun material o máis natural posible,‭ ‬a madeira é un dos materiais máis sanos que hai na natureza.

Dende a Raíña Verde apostamos polos xoguetes que sementen a igualdade,‭ ‬a non violencia,‭ ‬por xoguetes non bélicos e que eviten os roles de xénero e fomenten a creatividade.

Con estas sementes sí podemos mudalo mundo‭!


Información sobre xoguetes e idades:

de‭ ‬0‭ ‬a‭ ‬12‭ ‬meses:‭

  • Mantas de chan:‭  ‬a esta idade é moi bó para o bebé xogar no chan,‭ ‬permitelle movemento con liberdade,‭ ‬que rode,‭ ‬se levante sobre os brazos,‭ ‬que agarre ou lance obxetos,‭ ‬que observe os obxetos que colgan etc...Todos estes xogos prepárano para o gateo.‭ ‬O gateo é unha etapa moi importante,‭ ‬a coordinación de movementos que require o gateo axudarán nun futuro a orientarse mellor no espacio,‭ ‬incluso axudaránlle na lecto-‭ ‬escritura.‭ ‬A curto prazo o gateo axudaralle a camiñar dun modo máis firme,‭ ‬aprenderá a adiantar os brazos e caer sen facerse dano.
  • Mordedores:‭ ‬os bebés tenden a meter todo na boca,‭ ‬é a súa maneira de explorar o mundo.É bó deixarlles facer isto,‭ ‬claro está con seguridade.‭ ‬Os mordedores son xoguetes seguros pensados xustamente para isto,‭ ‬para que os bebés os mordan.‭ ‬As anillas de madeira teñen unha forma moi boa para as manciñas dos bebés,‭ ‬resúltalles doado agarralas.‭ ‬Por outra banda a madeira alivialles cando molestan as encías pola saída dos dentes.
  • Miña primeira boneca: Estas mantiñas de algodón son ideais para os bebés dende o principio.‭ ‬As súas pequenas mans agarran con dificultade os peluches ou outros xoguetes pero os trapos,‭ ‬sabanitas,‭ ‬etc agárrranos moi ben.‭ ‬A mantiña imprégnase co olor dos papás e axudrálle a durmir.
  • Xoguetes de tela:‭ ‬distintas formas con sonido e texturas.‭ ‬
  • Axouxeres


12‎ ‏meses:‭

A partir do ano os bebés comezan a arrastrar,‭ ‬apilar ou encaixar

  • Arrastrar:‭ ‬xoguetes con rodas para arrastrar polo chan,‭ ‬tirando dunha corda ou dun pau,‭ ‬estos últimos axudan a empezar a camiñar,‭ ‬mentres o bebé está pendente do boneco olvídasae do medo a cairse.
  • Apilar:‭ ‬tacos de madeira e torres de madeira e cartón.
  • Encaixar:‭ ‬Os xoguetes de encaixar axudan a motricidade fina do bebé.‭ ‬Normalmente son capaces de encaixar a partir dos‭ ‬18‭ ‬meses,‭ ‬aínda q antes van entrenando.‭ ‬Caixas de formas,‭ ‬puzzles de encaixar,‭ ‬figuras de encaixar.

T‏odos os xogos de esta idade teñen pezas grandes para evitar o atragantamento‭.

2‎ ‏anos:

  • Xogos de insertar:‭ ‬bolas,‭ ‬coches,‭ ‬casas,‭ ‬diferentes obxetos que se insertan nunha corda.‭ ‬Este xogo axuda a coordinar movementos e a desenrolar a motricidade fina.
  • Circuitos de bolas:‭ ‬bolas que se moven por alambres finos,‭ ‬axuda a desenrolar a motricidade fina,‭ ‬ademis son xogos moi entretenidos para os nenos.
  • Puzzles:‭ ‬de encaixar e de dous,‭ ‬tres ou catro pezas.Puzzles de enroscar.
  • Dominós,‭ ‬trens con formas para encaixar.
  • Xogos de números,‭ ‬formas e cores:‭

Todos os xogos a esta idade teñen pezas grandes para evitar atragntamentos‎.

3‎ ‏anos:

A partir dos tres anos os xogos introducen pezas pequenas,‭ ‬os nenos xa non soen meter os obxetos na boca.

  • Trens de madeira:‭ ‬os tren son unha locura para‭ @‬s nen@s,‭ ‬hai distintos modelos,‭ ‬con números,‭ ‬pezas de construcción,‭ ‬animais...‭ ‬etc
  • Puzzles máis complexos
  • Xogos: de memoria,‭ ‬habilidade,‭ ‬caixas de ferramentas.
  • Marionetas de dedo e man
  • Xogos de imitación


A partir de‭ ‬4‭ ‬anos:

  • Xogos de ciencia
  • Puzzles complexos
  • Caixas de xogos de viaxe
  • Marionetas
  • Construccións
  • Xogos de mesa
  • Contos e comics


Instrumentos musicais:

  • Xilófonos pequenos:‭ ‬a partir do ano,‭ ‬incluso antes.‭ ‬É un instrumento ideal para os pequenos,‭ ‬ten moitas cores e un sonido agradable.
  • Xilófono grande:‭ ‬A partir dos‭ ‬5‭ ‬anos.‭ ‬Ten notas reais.‭ ‬Ideal para iniciarse na música.
  • Tambores:‭ ‬a partir dos‭ ‬3‭ ‬anos
  • Maracas ou axouxeres:‭ ‬A partir do ano,‭ ‬incluso antes‭ ( ‬xogar con vixilancia‭)
  • Armónica:‭ ‬a partir dos dous anos,‭ ‬incluso antes.‭ ‬É un instrumento que encántalles‭ @‬s nen@s,‭ ‬produce un sonido agradable aínda que non se sepa tocar
  • Pandereta:‭ ‬a partir dos‭ ‬2‭ ‬anos,‭ ‬para iniciarse no mundo do folklore.
  • Frauta:‭ ‬a partir dos‭ ‬2‭ ‬anos



Ceras,‭ ‬pinturas e plastilinas:

Son ceras de cores naturais,‭ ‬non son tóxicas,‭ ‬non hai problema se‭ @‬s ne@s as meten na boca.‭ ‬Véndense soltas ou en caixas. En ceras hai dous modelos:

  • bloques cadrados:‭ ‬ideais para nen@s pequen@s,‭ ‬a partir dun ano ata os dous ou tres anos,‭ ‬permítelles facer trazos grandes e rechear grandes superficies.
  • lápices‭  ‬redondos:‭ ‬para nen@s que xa saben coller un lápiz,‭ ‬a partir dos tres ou catro anos,‭ ‬aínda que poden seguir usando as grandes para debuxos grandes.

Tamen:

  • Lápices de cores:‭ ‬sen lacas e envase‭  ‬cartón reciclado
  • Acuarelas:‭ ‬teñen unha excelente trasparencia e mézclanse con facilidade.‭ ‬Atóxicas
  • Pintura de dedos:‭ ‬Esta pintura de dedos está elaborada a base de materias primas renovables permite moitas técnicas distintas. Pódese empregar non só cos dedos senón‭  ‬tamén con pincél,‭ ‬pódese estampar con corcho,‭ ‬patacas ou follas.‭ ‬Pinta en papel,‭ ‬cartón,‭ ‬madeira ou cristal.‭
  • Plastilinas:‭ ‬son de cera de abella,‭ ‬non son tóxicas teñen pigmentos orgánicos

comprar

información

Boletín

Anótate para manterte informada das actividades, ofertas, novidades...