Presentación novas marcas de roupa algodón ecolóxico

Presentación novas marcas de roupa algodón ecolóxico

Dende A Raíña Verde queremos fomentar o algodón ecolóxico na roupa dos máis pequenos porque é máis suave, de mellor calidade e as probabilidades de que aparezcan eccemas e alerxias na pel son escasas xa que non hai productos químicos nocivos en contacto coa pel do bebé.


Co algodón ecolóxico tamén se coida o planeta e as persoas que recollen  e traballan o algodón, evitando o contacto directo con pesticidas, a contaminación do planeta e a desaparición de solo fértil.


Roupa de comercio xusto que respeta @s traballadoras, non habendo menores traballando e sendo renmunerados e tratados dun xeito honesto, respetuoso e xusto polo seu traballo e cunha xornada laboral decente. Vamos, o q debería ser o normal!!

Levamos anos traballando con SENSE ORGANICS e seguiremos facendoo, pola sua calidade, comercio xusto e precio competitivo pero queremos incluir outras marcas como FRUGI e IDEO pola súa ética, deseños coloridos e calidade espectacular.


As tres empresas utilizan algodón ecolóxico, practican o comercio xusto e a economía solidaria.

 

SENSE ORGANICS manufactura e distribúe unha completa gama de roupa para nen@s e adult@s usando algodón ecolóxico e tamén unha mistura de fibras respetuosas co medio ambiente.


SENSE ORGANICS comenzou o seu traballo antes de que a palabra "ecológico" estivese de moda, unha viaxe ambiciosa co obxetivo de reducir os impactos negativos e ambientais da industria da moda.
Unha marca  que traballa en Asia Central e Alemania, unha compañía con conciencia social e un forte compromiso cos principios éticos e de comercio xusto, participando activamente no desenrolo social e comunitario.

Máis info: http://so-coop.com/


FRUGI é unha empresa do Reino Unido que comezou no ano 2004.
As prendas son deseñadas no Reino Unido e fabricadas en Portugal, Turquía ou India. O algodón é mercado a unha cooperativa de agricultores na India, pola venta deste algodón reciben un mellor precio que vendido a grandes empresas(?!)
As traballadoras teñen seguro de saúde e esta empresa doa cartos para un orfanato na India.

Máis info: http://www.welovefrugi.com/


A marca francesa  IDEO traballa con pequenos productores na India e Perú pagándolle un precio xusto polo seu traballo, permitindolles así vivir con dignidade, aparte de apoiar a creación de proxectos sociais
Tamén promoven un comercio ético traballando con grupos de reinserción e traballador@s de poblacións desfavorecidas.
O empaquetado e almacenamento faise en París, levado por unha empresa de inserción social.

Máis info: http://www.ideocollection.com/


Con desexos que gostedes dos novos ético-deseños!



comprar

información

Boletín

Anótate para manterte informada das actividades, ofertas, novidades...