Participa no récord guinness do cambio simultáneo do pañal de tela

grazas a tod@s as mamás e papás por vir!

Finalmente foron 22 nen@s os que participaron no cambio do pañal de tela.
Non entramos no guinness, farían falla 25, pero que máis da! o importante é dar a coñecer alternativas ao uso do pañal desechable e esta foi unha boa ocasión para mostralas!

Teñen moitas vantaxes tanto ecolóxicas, económicas como para a sáúde do bebé e soamente implica cambiar pequenos hábitos que teñen unha grande repercusión a nivel ambiental.
Pequenos cambios coma este son os que mudan o mundo... 

 
Estos son algúns datos polos que apostamos polos pañais de tela fronte os desechables. Si tamén é certo que existen marcas no mercado de pañais desechables como wiona ou bambo que proceden de bosques sostibles,non teñen locións e 2/3 dos seus compoñentes son biodegradables.

ventajas pañal de tela:

Os pañais de tela teñen moitas vantaxes que podemos destacar en 3 aspectos:

Ecolóxica: Un bebé  usa pañais ata os dous anos e medio 3 anos, esto serían 6000-7000 pañais desechables nos vertedeiros.Estos pañais tardan entre 200 e 500 anos en descompoñerse.Unha barbaridade!
Cos pañis de tela evitamos residuos e o gasto enerxético é moito menor.

Económica: Cos pañis desechables podes chegar a gastar entre 1500-2000€, cos pañais de tela é unha inversión de 200-300€, os cales poden ser usados por unha irmá ou por outo neno.

Saúde: os pañais desechables non deixan ca pel do bebé traspire, absorvendo a humidade natural da pel do bebé e xerando un aumento da temperatura na zona xenital sendo a causa de irritacións.
Cun pañal de tela desaparecen moitos problemas de irritacións e o sentirse mollado o neno deixa antes o pañal.

 

 

 

 

Animádevos que xa somos 19 mamás/papás!!!
Se somos 25 entramos no guinness!

Disfruta da tarde do sábado co teu bebé no cambio do pañal de tela e formarás parte do sorteo de agasallos.
Papás e mamás cos que poderás intercambiar experiencias.


Apúntate para conseguir un record mundial sostible do cambio simultáneo de pañais de tela!

Só tes que participar ti e máis o teu bebé nun cambio de pañal lavable, mostrando así unha alternativa máis sostible para o planeta;  senón os coñeces e unha grande oprtunidade para descubrir o mundo dos pañais de tea.

haberá sorteo de agasallos para as/os participantes.

O evento terá lugar o 21 de abril na casa da bola en Cangas, R/ Eugenio Sequeiro (xunto a praza de Abastos).
Organiza "Alternativa-la otra tienda del bebé"(Cangas) xunto con "A Raíña Verde"(Vigo).Requisitos:

- Cada participante adulto, acompañará a un bebé ou nena de hasta 0,99 cm.
- O cambio de pañal debe ser ao de tea.
- Enviarnos un mail cos teus datos(nome e contacto) para a preinscripción.
- Pasalo ben!

comprar

información

Boletín

Anótate para manterte informada das actividades, ofertas, novidades...