Presentación

A Raíña Verde, máis de 10 anos como referente na puericultura e crianza natural.

-Tenda infantil ecolóxica para nais, pais e nen@s-

A Raíña Verde é unha tenda que xira enredor os máis peques da casa, onde podedes atopar artigos fora do habitual. Nace no ano 2003 xestada pola iniciativa de varias persoas que apreciaron a necesidade de achegar a xente unha serie de productos relativamente difícilies de atopar, no eido do embarazo, lactancia e maternidade/paternidade conscente. Desde unha óptica respetuosa tanto coa nai Terra, como cos animais e as persoas que nela habitamos.

Unhas gamas de productos enfocado especialmente os máis pequenos da casa e as mamás e papás que tanto se preocupan polo benestar das suas raiñas.

Podedes atopar unha amplia variedade de productos, apostamos pola alta calidade nas materias primas naturais e tamén polas cousa feitas a man.

A roupa está confeccionada con algodón 100% ecolóxico, é dicir, sen pesticidas nen tóxicos, asegurando a máxima calidade e evitando calquera tipo de alerxia na pel das nenas, respetando o entorno, pensando así nas presentes e futuras xeracións.

Os xoguetes están elaborados na súa maioría con madeira ou cartón e con pinturas non tóxicas coa tranquiliade do pais cando os nenos meten na boca os xoguetes. Xoguetes educativos que fomentan a memoria, sicomotricidade, igualdade e a sociabilidade.

Productos especiais para a lactancia dende roupa ata os sacaleites recomendados por matronas. Tamén abarcamos a hixiene femenina ofrecendo compresas lavables  e a copa menstrual.

Portabebés ergonómicos e duradeiros que respetan a fisionomía natural do bebé e da persoa que o portea, porque cremos que o contacto físico é necesario sen esquecer a comódidade de ter as mans libres!

Pañais de tela e piscina para un futuro máis limpo, unha pel máis mimada e para o bolsillo.

Porque o natural é sinónimo de calidade e saúde, tanto para os nosos fillo como para o noso planeta, e por suposto sen renunciar a estética e a comodidade.

Presentación
Presentación
Presentación
Presentación

comprar

información

Boletín

Anótate para manterte informada das actividades, ofertas, novidades...