o xogo

xoguetesO xogo é a maneira máis natural e divertida que temos para entrar en contacto co mundo: aprender, descubrir, imaxinar, interactuar, valorar, estimar, cooperar... crecer e crear unha identidade.

Para xogar vale calquera cousa: caixas de cartón, as pinzas da roupa, as noces, a terra, as pedras., as plantas... os xoguetes son para divertirse e imaxinar, e non teñen xénero e si moitas cores tamén teñen texturas pero sobre todo os xogos e os xoguetes son a imaxinación...

A madeira é un dos materiais máis nobres da natureza... son duradeiros, teñen textura, olor e forman parte da nai Terra..

Co xogo se espertan os sentidos, por iso valoramos a calidade, a materia prima, os valores que trasmite e a seguridade.

 


 

As marcas coas que traballamos cumpren todas as normativas europeas de seguridade.

Moitas delas como Cause, Toys Pure e Goki aparte de protexer o medio ambiente e facendo reforestacións anuais, maniféstanse contra o traballo infantil e participan en proxectos solidarios coma creación de escolas. Unha destas marcas, Cause, ademais destina o 50% dos seus beneficios a este tipo de proxectos.

Temos a sorte de ter un proxecto moi interesante, Ekilikuá, surdido en navarra que editan xogos e material lúdico cunha forte carga social, abordando temáticas coma o papel da muller na historia, a integración, a convivencia, interculturalidade, novos modelos de familia e apostan por un proceso produtivo sostible coas persoas e o medio ambiente. Tanto as embalaxes coma as instrucións ou publicidade son 100% en papel reciclado.

Outras marcas como haba, son xoguetes fabricados pola empresa alemá Habermaass. O deseño dos seus xoguetes responden os seguintes criterios: valor lúdico, calidade, materias primas naturais, seguridade. Esta empresa foi a primeira empresa alemá en obter o "audit ecolóxico", responsabilizándose de continuar cos seus métodos ecolóxicos e de respecto o medio ambiente en todas as súas etapas de produción.

kathe kruse é unha empresa alemá con 100 anos de historia que produce xoguetes e complementos para dormitorios infantís. Os materiais téxtiles posúen o selo "oko-tex" de textís de confianza.

furnis é unha empresa austríaca adicada a fabricación de xoguetes de tela, principalmente títeres e xoguetes para bebés. A empresa garante que na produción tódolos traballadores son tratados xustas e que ningún neno está implicado na mesma.. Cumpren a normativa deseguridade, selo oko-tex de textís de confianza.

 


 

Se queremos mudar o mundo regala xoguetes duradeiros, naturais, de calidade, que non sexan bélicos, nin sexistas, imaxinativos que estimulen a creatividade e fomenten a imaxinación e coiden a nai Terra e os seus habitantes.

comprar

información

Boletín

Anótate para manterte informada das actividades, ofertas, novidades...